I Campus Voleibol Bruxas chega para celebrarse no mes de xullo

I Campus Voleibol Bruxas chega para celebrarse no mes de xullo
I Campus Voleibol Bruxas chega para celebrarse no mes de xullo

O Campus transcorrerá durante as dúas primeiras semanas de xullo no pavillón municipal de Bertamiráns, e dividirase nunha primeira quenda entre o luns 1 e o venres 5, e unha segunda que terá lugar do 8 ao 12 de xullo

O Club de Voleibol Bruxas organiza o I Campus de Voleibol Vitaldent Santiago Bruxas, que se desenvolverá en dúas quendas do 1 ao 12 de xullo. Dirixido a nenas e nenos de 8 a 16 anos, os participantes poderán inscribirse ata o 29 de xuño nesta actividade gratuíta, que contará coa asistencia de adestradores do Bruxas e xogadores dos equipos de Superliga 2 masculina e de 1º División nacional feminina. Para optar a algunha das 30 prazas dispoñibles é preciso inscribirse a través do número de teléfono 699 592 196 ou mediante o envío dun correo electrónico a cvbruxas.campus@gmail.com.

Coa chegada do verán, o deporte convertese nunha das opcións máis socorridas para gozar do bo tempo e aproveitar as horas libres. Con este obxectivo xurde o Campus de Voleibol Vitaldent Santiago Bruxas, que supón unha oportunidade para que rapazas e rapaces aproveiten o tempo libre para gozar do voleibol baixo a responsabilidade de adestradores e monitores profesionais, que farán que as participantes teñan tardes cheas de diversión, actividades e aprendizaxe. O Campus transcorrerá durante as dúas primeiras semanas de xullo no pavillón municipal de Bertamiráns, e dividirase nunha primeira quenda entre o luns 1 e o venres 5, e unha segunda que terá lugar do 8 ao 12 de xullo.

Asemade, este Campus estará orientado para nenos e nenas de entre 8 e 16 anos. Entre as 17.00 e as 18.00 horas participará a rapazada de 8 a 11 anos, mentres que a xuventude de 12 a 16 anos farao de 18.00 a 19.30 horas. Esta iniciativa trátase dunha experiencia multidisciplinar en torno ao voleibol, máis os rapaces e rapazas participantes tamén realizarán exercicios de coordinación, xogos de equipo, actividades lúdicas e competicións internas, ademais de distintos xogos de iniciación ao voleibol e ao volei praia.

Comentarios