Arde unha embarcación en Camariñas sen que ningunha persoa resultase ferida

Arde unha embarcación en Camariñas sen que ningunha persoa resultase ferida
Arde unha embarcación en Camariñas sen que ningunha persoa resultase ferida

Non se produciu vertedura de substancias contaminantes que afectasen ao mar

Un incendio declarado ao fío das 14:00 horas nun pesqueiro, en Camariñas, provocou o afundimento da embarcación sen que ningún dos tres tripulantes resultase ferido. Tampouco se produciu vertedura de substancias contaminantes que afectasen ao mar.

Foi a esa hora, cando unha persoa particular se decatou do lume e chamou ao 112 Galicia. Indicaba que a embarcación se atopaba preto do Faro do Cabo Vilán.

Axiña, os xestores do 112 Galicia informaron do sucedido a Salvamento Marítimo, que mobilizou ata o lugar a Salvamar Altair, e ao persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, requiriu a intervención por terra dos servizos sanitarios de urxencia, dos axentes da Garda Civil e Protección Civil da localidade.

Comentarios