As taekwondistas Sara Gacio e Carla Diéguez, novas subcampioas galegas

As taekwondistas Sara Gacio e Carla Diéguez, novas subcampioas galegas
As taekwondistas Sara Gacio e Carla Diéguez, novas subcampioas galegas

O mesmo sábado pasado dous deportistas do club desprazáronse ata o País Vasco para disputar o prestixioso Open Basauri 2019

O Club Boudsport non deixou pasar a oportunidade de regresar do Campionato Galego Júnior que tivo lugar recentemente en Noia. Deste xeito, Sara Gacio (-55) e Carla Diéguez (-42) pasan a ser as novas subcampioas galegas das súas modalidades, mentres que Lucía Becerra Puente (-52) alzouse coa medalla de bronce.

O mesmo sábado pasado dous deportistas do club desprazáronse ata o País Vasco para disputar o prestixioso Open Basauri 2019. Alí déronse cita as seleccións de Madrid, Cataluña, Navarra, A Rioxa, Euskadi e Galicia para afinar a preparación dos seus taekwondistas de cara ao Campionato de España Cadete 2019 que terá lugar en Valladolid o vindeiro mes de xullo. 

Unha competición na que Mateo Boudjenane Liñares conseguiu a medalla de ouro, revalidando o título conseguido xa o pasado ano na mesma competición. Por outra banda, Sara Soneira Balado, medalla de prata, chegou ata a final despois de vencer ás seleccións de Madrid e Euskadi e ceder pola mínima na final fronte a Cataluña.

Comentarios