Negreira ilumínase de verde polo Día Mundial da ELA

Negreira ilumínase de verde polo Día Mundial da ELA
Negreira ilumínase de verde polo Día Mundial da ELA

A acción consiste en iluminar de cor verde durante a noite do día 21 a fachada da Casa do Concello

O Concello de Negreira colaborará coa Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA), na campaña de sensibilización #LuzporlaELA, vinculada ao Día Mundial da ELA, que se celebra hoxe venres día 21 de xuño, co que preténdese iluminar de verde monumentos, edificios institucionais ou lugares emblemáticos de Galicia, dándolle así, visibilidade a esta proposta de carácter solidaria e que a sociedade comprenda a que se enfrontan os enfermos e as súas familias ante este fatal diagnóstico.

A acción consiste en iluminar de cor verde durante a noite do día 21 a fachada da Casa do Concello, así como a maior cantidade de monumentos e edificios emblemáticos en Galicia, en apoio e solidariedade coas persoas afectadas pola ELA e deixar constancia de que existe.

Comentarios
Lo más