A praia de Testal contará unha zona para paseo de cans

A praia de Testal contará unha zona para paseo de cans
A praia de Testal contará unha zona para paseo de cans

Este espazo de praia para mascotas únese ao parque canino aberto o pasado mes de marzo polo Concello de Noia no paseo marítimo

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Noia vén de habilitar unha zona na praia do Testal para estancia e paseo con cans, sempre que os seus propietarios se encarguen da recollida das deposicións dos mesmos. A concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri, explica que “así damos resposta a unha demanda da veciñanza, que nos pedía un espazo aberto de praia no que puideran levar ás súas mascotas sen molestar ao resto de persoas e sen ser sancionadas”.

Neri Arufe sinala que “a praia do Testal é un lugar non apto para o baño polo que, mentres seguimos traballando na mellora do noso saneamento que permita mellorar as condicións da auga, pensamos que é unha solución que pode ser atractiva para os propietarios de mascotas e que tamén evitará molestias a outros usuarios do areal”. Neste sentido, a concelleira lembra que sigue prohibido levar ás mascotas ás praias do municipio, coa excepción deste tramo do areal do Testal, e que sigue sendo obrigatorio recoller as deposicións dos animais en todo o termo municipal.

Este espazo de praia para mascotas únese ao parque canino aberto o pasado mes de marzo polo Concello de Noia no paseo marítimo. Unha instalación de máis de 300 m2 que conta cun circuíto de agility (modalidade deportiva para o adestramento de cans), unha fonte canina e un dispensador de bolsas cunha papeleira para a recollida das deposicións dos animais.

Comentarios