Caballero: "Feijóo é un vendedor de fume"

Caballero: "Feijóo é un vendedor de fume"
Caballero: "Feijóo é un vendedor de fume"

O secretario xeral censura que Feijóo utilice a Xunta para facer un mitin de “precampaña” despois de que os galegos o “suspenderan” tres veces consecutivas nas urnas

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou hoxe que Feijóo convocara un acto nas instalacións da Xunta para abrir “a precampaña”, “utilizando as institucións públicas en favor do PP”, despois de que a cidadanía o “suspendeu” con tres derrotas electorais consecutivas.

Ademais, o líder dos socialistas galegos sinalou a Feijóo como “un vendedor de fume que fai moito marketing”, porque despois do seu “desastre de xestión, que supuxo unha década perdida para Galicia, agora vén prometendo unha década prodixiosa”.

“Carece de folla de ruta e leva tres anos desta lexislatura sen gobernar”, incidiu Gonzalo Caballero, quen botou en falta “traballo para dar mellores condicións e para dar progreso e benestar” á cidadanía galega.

Os froitos do seu “desastre”, como remarcou o máximo dirixente do PSdeG, quedan en evidencia á vista dos últimos datos publicados, por exemplo, en relación á natalidade, pois os nacementos sitúanse en Galicia en mínimos históricos.

“Galicia perde pulo e vitalidade demográfica, perde iniciativa económica, perde benestar e sofre os recortes de Feijóo”, resumiu Gonzalo Caballero, quen comprometeu que seguirá “traballando para abrir unha nova etapa coa forza que os galegos deron ao cambio político” nas tres últimas eleccións.

Comentarios