Evacúan o IES Félix Muriel, en Rianxo, por un incendio no seu interior

Evacúan o IES Félix Muriel, en Rianxo, por un incendio no seu interior
Evacúan o IES Félix Muriel, en Rianxo, por un incendio no seu interior

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 12:30 horas do mediodía de hoxe tras recibir a chamada dunha persoa particular

Un incendio declarado no interior do instituto localizado na Rúa Ana Maria Mogas, no concello coruñés de Rianxo, obrigou a desaloxar aos seus ocupantes, por precaución.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 12:30 horas do mediodía de hoxe tras recibir a chamada dunha persoa particular. No seu relato, solicitaba axuda para extinguir un incendio no faiado do inmoble. Ademais, informaba aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias que, a pesar que dichas instalacións non estaban ocupadas por aulas, os alumnos estaban sendo evacuados do edificio.

Decontado, desde o 112 Galicia, pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Boiro, á Garda Civil, á Policía Local e á Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os Bombeiros de Ribeira por se fose necesaria a súa intervención.

Unha vez no lugar dos feitos, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que non houbo persoas afectadas e que o lume estaba controlado. Neste intre, siguen a traballar no punto para rematar as labores de extinción.

Comentarios
Lo más