Denuncian "irregularidades" nos servizos mínimos no centro de saúde de Carballo

Denuncian "irregularidades" nos servizos mínimos no centro de saúde de Carballo
Foto de arquivo
Denuncian "irregularidades" nos servizos mínimos no centro de saúde de Carballo

Segundo PACs en pé de guerra comezouse a garda con tres facultativos de tarde "pero uno deles só ata as 20 horas, co que de durante 2 horas o centro quedou cun efectivo menos"

O colectivo PACs en pé de Guerra denunciou "irregularidades na cobertura dos servizos mínimos" no centro de Carballo (A Coruña) durante o sábado día 22, xornada na que houbo momentos nos que o centro de saúde quedou sen médicos.

Segundo sinala a plataforma nun comunicado, os feitos sucedéronse despois de que un facultativo comunica á xerencia que se atopaba indisposto esa mesma mañá, polo que debe ser substituído, "cousa que esta fixo, pero de maneira bastante irregular", opina.

Así, segundo PACs en pé de guerra comezouse a garda con tres facultativos de tarde "pero uno deles só ata as 20 horas, co que de durante 2 horas o centro quedou cun efectivo menos, cousa que se viu agravada cando o reforzo da tarde finalizou a súa quenda ás 22, non podendo prolongar pois ao día seguinte continuaba consulta noutro centro".

"Estaba confirmada a chegada doutro médico para cubrir a noite, pero viña doutro centro, polo que se atrasaría, quedando o centro baixo mínimos unha hora máis na que o único médico que quedaba para a atención tivo que abandonar o centro para realizar traslados ao hospital e atender varias emerxencias".

Esta situación, denuncian, levou a que algúns pacientes da sala de espera "perdesen os nervios protestando activamente contra os traballadores , tendo que actuar a garda civil, presente no centro nese momento, acougando os nervios e evitando que a cousa fóra a maiores".

Comentarios
Lo más