Rescatan a un pescador ao caer nunhas rochas na zona do Peirao pesqueiro de Oza

Rescatan a un pescador ao caer nunhas rochas na zona do Peirao pesqueiro de Oza
Rescatan a un pescador ao caer nunhas rochas na zona do Peirao pesqueiro de Oza

O ferido foi trasladado ao centro hospitalario de referencia tras ser rescatado coa axuda dunha padiola

Un pescador necesitou a axuda dos servizos de emerxencia ao precipitarse nunhas rochas na zona do Peirao pesqueiro de Oza.

Poucos minutos antes das 3:00 horas da madrugada de hoxe, o 112 Galicia recibiu a chamada da Autoridade Portuaria de Coruña solicitando axuda para rescatar a un pescador que precipitouse nunha zona de difícil acceso.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e tamén dos Bombeiros da Coruña.

Rematada a intervención, o ferido foi trasladado ao centro hospitalario de referencia tras ser rescatado coa axuda dunha padiola.

Comentarios