As Urxencias Sanitarias do 061 atenderon a 79 persoas durante a noite de San Xoán

As Urxencias Sanitarias do 061 atenderon a 79 persoas durante a noite de San Xoán
As Urxencias Sanitarias do 061 atenderon a 79 persoas durante a noite de San Xoán

O 061 asistiu a maiores a 28 persoas por caídas, queimaduras e outro tipo de lesións ou patoloxías producidas no entorno das cacharelas

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na Noite de San Xoán 51 intoxicacións, seis accidentes de tráfico con 11 persoas implicadas e sete queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado é desde as 18:00 horas do domingo 23 de xuño ata as 9:00 horas do luns 24 de xuño. O 061 rexistrou a maiores a 28 asistencias por caídas, queimaduras e outro tipo de lesións ou patoloxías producidas no entorno das cacharelas.

A Coruña con 30 intoxicacións etílicas ou por drogas foi a provincia que rexistrou o maior número de atencións, seguida de e Pontevedra con 17, Lugo con tres e Ourense con só unha. Para asistir ás 51 intoxicacións, o 061 de Galicia desprazou tres ambulancias medicalizadas do 061, dous médicos de atención primaria e 34 ambulancias asistenciais do 061. Das 51 persoas atendidas, 22 non requiriron traslado, 13 foron trasladadas ao centro de saúde e 16 ao hospital.

As queimaduras atendidas polo 061 en toda a comunidade galega foron sete. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu na Coruña cinco casos e dous en Pontevedra. As idades das persoas afectadas sitúanse entre 19 e 45 anos, sendo todos eles varóns. Do total dos pacientes, tres asistíronse no lugar sen requirir traslado e catro trasladáronse a un centro sanitario.

No caso dos accidentes de tráfico, asistíronse 11 persoas en seis accidentes de tráfico. Os accidentes repartíronse da seguinte maneira: un na provincia da Coruña, tres na provincia de Lugo e dous en Pontevedra. Para asistir ás 11 persoas implicadas, o 061 mobilizou duas ambulancias medicalizadas, cinco ambulancias asistenciais, e un médico de atención primaria. Todas as persoas atendidas, as 11, foron trasladas a un hospital .

Comentarios
Lo más