Atopan o corpo sen vida dunha muller na leira da súa casa en Cee

Atopan o corpo sen vida dunha muller na leira da súa casa en Cee
Atopan o corpo sen vida dunha muller na leira da súa casa en Cee

A Garda Civil tivo que chamar aos bombeiros de Cee para poder acceder á vivenda

Esta mañá efectivos dos bombeiros da Costa da Morte atoparon o corpo sen vida dunha muller na leira da súa vivenda no concello de Cee. A muller levaba varios días sen aparecer e foi o aviso dos veciños os que puxeron en alerta aos servizos de emerxencia.

Sobre as 2:44 horas da madrugada do luns, a Garda Civil avisou aos bombeiros para acceder ao interior dunha vivenda ao non escoitar resposta por parte da súa propietaria. Os efectivos tiveron que poñer o seu vehículo xunto o muro da vivenda para entrar na leira do domicilio.

Ao chegar á caseta do xardín, lugar onde a muller tiña a meirande parte dos aparellos de labranza e onde preparada a comida das mascotas, atoparon tendido o corpo da señora. Non presentaba signos de violencia polo que se baralla que foi unha morte natural.

A muller, mallorquina de mediana idade, vivía de alugueiro na vivenda e foron os veciños os que alertaron a Garda Civil xa que levaban varios días sen saber nada dela e non respondía ao teléfono.

Comentarios