A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa nova temporada de concertos

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa nova temporada de concertos
A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa nova temporada de concertos

Durante o acto presentaranse os concertos de abono, que a orquestra ofrece na súa sede, o Auditorio de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia presenta hoxe martes a súa nova temporada de concertos 2019-2020. Será ás 11:30 horas no Auditorio de Galicia. Ao acto asistirán o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o director titular e artístico da orquestra, o mestre británico Paul Daniel; a directora técnica da RFG, Sabela García Fonte; xunto ao director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.

Durante o acto presentaranse os concertos de abono, que a orquestra ofrece na súa sede, o Auditorio de Galicia. Darase conta das principais obras que se interpretarán. Abordaranse as estreas, así como os directores e solistas que colaborarán coa RFG ao longo da temporada. 

Tamén se informará sobre os concertos didácticos, familiares e solidarios que se celebrarán; a participación da orquestra en diferentes festivais; xunto ás actuacións que está previsto realizar noutras cidades galegas e noutros puntos da propia cidade, ademais de fóra da comunidade. 

Comentarios