Hoxe presentan a última actualización do Mapa de Radon de Galicia

Hoxe presentan a última actualización do Mapa de Radon de Galicia
Hoxe presentan a última actualización do Mapa de Radon de Galicia

Tamén se presentarán as novidades sobre as que xa traballa o Laboratorio de Radon de Galicia, responsable da elaboración do Mapa

O Laboratorio de Radon de Galicia presentará este martes 25 en rolda de prensa a súa última actualización do Mapa de Radon de Galicia, que xa acumula un total de 4.300 medicións. Entre as novidades de cara ao futuro, o Laboratorio da USC traballa en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública na caracterización de unidades xeográficas máis que pequenas que o municipio, como son as seccións censuais.

Nun acto a partir das 11.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, os profesores Alberto Ruano Raviña e Xoán Miguel Barros Dios, co directores do Laboratorio da USC, presentarán os últimos datos recompilados por este grupo en referencia a acumulación de gas radon en Galicia no último ano. No encontro cos medios de comunicación, tamén está prevista a presenza dos subdirectores xerais de Epidemioloxía, Xurxo Hervada Vidal, e de Programas de control de Riscos Ambientais, Ángel Gómez Amorín. 

O Mapa de Radon de Galicia permite a esta comunidade ter un maior volume de información sobre este gas que o resto do Estado, sendo a primeira iniciativa a nivel estatal que vai máis alá do municipio como unidade xeográfica de análise.

Comentarios