Segue a inestabilidade atomosférica na cidade con ceos anubrados

Segue a inestabilidade atomosférica na cidade con ceos anubrados
Segue a inestabilidade atomosférica na cidade con ceos anubrados

En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima os 24ºC

O martes será outra xornada marcada pola inestabilidade atmosférica, aínda con aire frío nas capas altas da atmosfera. 

Con esta situación, agardamos unha mañá de ceos parcialmente cubertos, con bancos de néboa no interior e pola tarde medrarán nubes de evolución que deixarán chuvascos tormentosos máis probables nas provincias de Lugo e Ourense. 

As temperaturas mínimas descenderán pero as máximas ascenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima os 24ºC.

O vento soprará frouxo de dirección variable en xeral, con réxime de oestes na franxa atlántica.

Comentarios