Dúas persoas feridas por mor dun accidente en Melide
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 7:30 horas tras recibir a chamada de alerta dos servizos sanitarios de urxencia
Un accidente de tráfico entre un turismo e un camión na entrada do concello coruñés de Melide deixou a dúas persoas feridas na mañá de hoxe.
O incidente ocorreu cando ao camión - que transportaba materiais de orquestra – desprendéuselle unha peza que caeu sobre o cristal do vehículo que circulaba detrás, causándolle distintas lesións aos seus ocupantes.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 7:30 horas tras recibir a chamada de alerta dos servizos sanitarios de urxencia. Decontado, pediuse a colaboración da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os Bombeiros de Arzúa, por se fose necesaria a súa intervención.
Polo momento, os servizos de emerxencia alí desprazados continúan, nestes intres, no lugar dos feitos.