Un home cae desde unha altura de catro metros mentres limpaba a cuberta dun tellado

Un home cae desde unha altura de catro metros mentres limpaba a cuberta dun tellado
Un home cae desde unha altura de catro metros mentres limpaba a cuberta dun tellado

Sucedeu na rúa Río Sor, ao fío das 14:20 horas de onte

Un home resultou ferido de consideración despois de caer desde un tellado dunha altura de catro metros en Ferrol. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o varón atopábase limpando nun antigo almacén cando caeu da cuberta ao romperse a uralita do teito.

Sucedeu na rúa Río Sor, ao fío das 14:20 horas de onte. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e da Policía Nacional.

Finalmente, o home foi evacuado polos servizos sanitarios ao hospital Arquitecto Marcide.

Comentarios