Un peche de tempada de dez para o Club Hockey Compostela

Un peche de tempada de dez para o Club Hockey Compostela
Un peche de tempada de dez para o Club Hockey Compostela

A tempada pecha cunha boa sensación 

Esta fin de semana no pavillón Castelao de Ordes veñen de ser entregados os trofeos de Copa Federación Galega de Hockey sobre patíns.

Por parte do Club Hockey Compostela foron catro os equipos que accederon a este premio,

Por una banda, o equipo Xúnior e o Senior feminino #EquípaTSport acadaran o seu posto no mes de decembro, mentras que o Alevín e o infantil #JIISMAcafébar o acadaban propio sábado 22, xa que ese mesmo día se disputában as finais, loitando polo primeiro posto contra o dominicos e o Liceo respectivamente, baixo as ordes do coordinador, Ramón Canalda.

As outras categorías presentes foron a Xuvenil, liderada polo Compañía de María, e o Sénior masculino que gañou o anfitrión do evento, o A. C. Ordes

De seis categorías en liza catro foron para o clube compostelán, un gran indicativo de que van polo bo camiño.

FASE DE ASCENSO FEMININA

Finalmente non pudo ser. As xogadoras gañaban contra o vasco Aurrerá e empataban contra outro equipo galego, tamén santiagués, o Diver Patín Berenguela. Mais perdían contra os dous equipos asturianos, Cuencas Mineras e Asturhockey, que viñan moi fortes.

Aínda así o clube amosa o seu orgullos polo seu traballo durante toda a tempada, así como do do seu entrenador Luis Aceituno, do seu delegado, Javier Regueiro e do resto do corpo técnico.

Comentarios