O Santiago Futsal ficha a Gambín

O Santiago Futsal ficha a  Gambín
O Santiago Futsal ficha a Gambín

O xogador afirmou: “estou moi contento e motivado pola oportunidade de xogar no Santiago Futsal"

O club da  loita e o xogador Jesús  Gambín Cano pecharon un acordo para a próxima campaña 2019-2020.

Nacido en Cartaxena (Murcia) no ano 1999, o á – peche provén do Pozo Ciudad de Murcia e foi Internacional Sub-16 e Sub-19. No seu  palmarés conta con, entre outros, o título de Campión de Liga regular en Segunda División da LNFS na temporada 2017-2018.

O xogador afirmou: “estou moi contento e motivado pola oportunidade de xogar no Santiago Futsal. É un club con moita historia na LNFS e ilusióname poder formar parte del. Tentarei achegar todo o que poida ao equipo e aprender día a día de todos os meus compañeiros, cos que estou desexando empezar a adestrar”

Comentarios