O pleno de Oroso aproba as novas responsabilidades dos concelleiros do Goberno Local

O pleno de Oroso aproba as novas responsabilidades dos concelleiros do Goberno Local
O pleno de Oroso aproba as novas responsabilidades dos concelleiros do Goberno Local

“As retribucións dos membros do goberno están moi por debaixo do que permite a lei”, afirmou na sesión Manuel Mirás, alcalde de Oroso

O pleno do Concello de Oroso aprobou hoxe as responsabilidades que terá cada concelleiro ou concelleira neste mandato, coas dedicacións e os salarios correspondentes.

“As retribucións dos membros do goberno están moi por debaixo do que permite a lei, o concello manterá unas contas saneadas e con superávit”, afirmou na sesión Manuel Mirás, alcalde de Oroso.

“Facemos públicos os salarios dos concelleiros porque queremos unha transparencia plena na xestión municipal, que os veciños e veciñas de Oroso estén informados desta e outras cuestións, temos que render contas ante a xente”, explicou Mirás. 

Ademáis da alcaldía, Manuel Mirás exercerá as responsabilidades nas áreas de Economía e Facenda, Seguridade Cidadá, Tráfico e Protección Civil; Isabel Fernández, concelleira do BNG, asumirá a concellaría de Mulleres, Ensino e Benestar Social; Luis Rey Villaverde será concelleiro de Urbanismo, Obras, Servizos e Medio Ambiente; Vanesa Boo, de Cultura, Comercio, Industria e Actividades Lúdicas; Antonio Leira, de Deportes, Promoción Económica, Emprego, Camiño de Santiago e Comunicación; Beatriz Rodeiro, de Réxime Interior, Persoal, Patrimonio, Voluntariado, Xuventude, Mobilidade e Sanidade; e Javier Grela, de Relacións Veciñais, Medio Rural, Parroquias e Xardíns.

Comentarios
Lo más