Dani Blanco renova un ano máis no Santiago Futsal

Dani Blanco renova un ano máis no Santiago Futsal
Dani Blanco renova un ano máis no Santiago Futsal

O xogador de Rarís comezará a súa sétima campaña no Santiago Futsal

Dani Blanco e o Santiago Futsal renovaron o contrato do xogador para a próxima temporada que comezará en setembro.

O xogador de Rarís comezará a súa sétima campaña no Santiago Futsal, equipo no que se formou nas categorías inferiores desde cadete e no que chegou a debutar en partido oficial en primeira división da LNFS.

Tras o seu paso polo Noia  Portus Apostoli e o Torrejón Sala, Dani volveu ao Santiago Futsal para o curso 2018-2019, onde callou unha moi boa actuación e dispuxo de moita presenza debido ao seu bo facer no 40x20.

“Aquí aprendín unha filosofía e unha forma de traballar coa que me sinto moi identificado, estou moi contento e agradecido coa posibilidade de xogar outro ano máis aquí, na que considero que a miña casa” expresou o xogador.

“Dani Blanco realizou unha excelente temporada. Sendo o seu primeiro ano en segunda división asentouse como un xogador fundamental dentro do persoal. A súa consistencia no xogo levouno a ser un fixo nas 30 xornadas da pasada campaña, contando cunha importante carga de minutos” afirmou o adestrador David Rial.

Comentarios