Investigan un ataque vandálico contra a sede da Marea veciñal de Touro

Investigan un ataque vandálico contra a sede da Marea veciñal de Touro
Investigan un ataque vandálico contra a sede da Marea veciñal de Touro

O impacto fixo que a cristaleira se precipitase encima del causándolle diversos cortes polos que tivo que ser trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela

Na madrugada deste martes a sede do grupo municipal foi obxecto dun acto vandálico que puido rematar en traxedia. O autor empregou presumiblemente un obxecto pesado para cargar contra a cristaleira do local, de grandes dimensións. 

O impacto fixo que a cristaleira se precipitase encima del causándolle diversos cortes polos que tivo que ser trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Ata o punto trasladáronse efectivos da garda civil e un equipo de bombeiros. O suceso está sendo investigado.

A formación local tilda estes feitos como antidemocráticos e totalitarios, e afirma que se trata dunha acción que representa a un sector moi minoritario da poboación, xa que a xente do concello caracterízase por ser respetuosa e polo exercicio libre dos dereitos propios dunha sociedade democrática.

Comentarios
Lo más