Un condutor resulta ferido en Melón despois bater contra un poste de alumeado ao saírse da vía

Un condutor resulta ferido en Melón despois bater contra un poste de alumeado ao saírse da vía
Un condutor resulta ferido en Melón despois bater contra un poste de alumeado ao saírse da vía

O accidente ocorreu sobre as 11:00 horas desta mañá cando o vehículo circulaba á altura do cruce de Quins-Melón

Un home resultou ferido tras bater co seu vehículo contra un poste de alumeado despois de saírse de vía.

O accidente ocorreu sobre as 11:00 horas desta mañá cando o vehículo circulaba á altura do cruce de Quins-Melón, no lugar de Penavaqueira.

Ata o lugar achegáronse ademais dos servizos sanitarios, os axentes de Tráfico e os membros do GES de Ribadavia, tras ser alertados polo 112 Galicia. Os Bombeiros do Carballiño tamén foron informados decontado dos feitos pero non foi necesaria a súa intervención.

Segundo informaron os membros do GES, o poste de alumeado público quedou bastante danado e corría risco de caer, polo que os xestores do 112 deron conta dos feitos ao persoal do Concello.

O ferido foi evacuado polo persoal do 061-Urxencias Sanitarias e trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios