Unha señora cae nas rochas do Santuario da Barca, en Muxía

Unha señora cae nas rochas do Santuario da Barca, en Muxía
Unha señora cae nas rochas do Santuario da Barca, en Muxía

Foi unha persoa particular quen, ás 11:00 horas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda

En Muxía, ao final do Santuario da Barca, unha muller caeu nas rochas, nunha zona de difícil acceso pero sen risco, e non podía camiñar. Foi unha persoa particular quen, ás 11:00 horas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. A partir de aí, informouse ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil da localidade.

Os axentes da Policía Local indicaron que entre eles e os efectivos de Protección Civil puideron sacar á muller das rochas, que foi trasladada en ambulancia polos técnicos sanitarios. Así mesmo, confirmaron que non revestía gravidade. 

Comentarios
Lo más