A Academia Xacobea conta con novos membros

A Academia Xacobea conta con novos membros
A Academia Xacobea conta con novos membros

O conselleiro de Cultura e Turismo participou no acto de ingreso dos académicos Luís Celeiro, Francisco Durán e José Manuel García Iglesias 

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou o “imprescindible labor” da Academia Xacobea no estudo, investigación e divulgación do fenómeno das peregrinacións a Santiago durante o acto de ingreso nesta institución de Luís Celeiro, Francisco Durán e José Manuel García Iglesias. 

O titular da Xunta destacou as achegas ao feito xacobeo destes tres novos académicos desde as áreas de comunicación, a xeografía e a historia da arte. Unhas contribucións que, segundo destacou o responsable de Cultura e Turismo, deben xogar un “papel clave” de cara ao próximo Ano Santo. 

Neste sentido, Román Rodríguez puxo de relevo que o Xacobeo 21 é “un fito” que deberá supoñer o “motor de transformación da Galicia da próxima década”. Así, o representante da Xunta recalcou que esta cita debe ser unha celebración “sustentable”, que deixe pegada máis alá do 2021, que implique “a toda Galicia” e que conte coa participación de toda a sociedade.

Para lograr este obxectivo, o conselleiro de Cultura e Turismo destacou como “fundamental” o traballo de investigación e divulgación que realizan institucións como a Academia Xacobea. “Só afondando no coñecemento do que fomos e de onde vimos, poderemos saber mellor a onde nos diriximos”, matizou Román Rodríguez.

Comentarios