A alameda de Ordes, o mellor escenario para a audición de fin de curso da Escola Municipal de Música

Entre os asistentes non faltou o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, quen estivo acompañado da case totalidade dos membros do seu equipo de goberno

Na mañá de onte a alameda de Ordes encheuse de futuras promesas da música para participar na audición de fin de curso da Escola Municipal de Música. 

Preto dun centenar de músicos e intérpretes de distintas idades, na súa meirande parte nenos e nenas, subíronse ao escenario para demostrar as súas dotes musicais.

Familiares e amigos tiveron ocasión de comprobar todo o aprendido ao longo destes meses en materias como música e movemento, banda, combo rock, combo jazz, coro, percusión, linguaxe musical ou guitarra. 

Entre os asistentes non faltou o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, quen estivo acompañado da case totalidade dos membros do seu equipo de goberno.

Comentarios