Ames celebrou o Día Internacional do Orgullo LGTBQI

Ames celebrou o Día Internacional do Orgullo LGTBQI
Ames celebrou o Día Internacional do Orgullo LGTBQI

O evento congregou a varios membros da corporación municipal, a veciñanza amesá de todas as idades e varias traballadoras/es municipais

A Praza do Concello acolleu o venres ás 12.00h un acto constitucional para conmemorar e celebrar o Día Internacional do Orgullo LGTBQI, no que se congregaron varios membros da corporación municipal, veciñanza amesá de todas as idades e traballadoras/es municipais. O acto estivo marchado pola música e a lectura dun manifesto por parte de Luísa Feijoo, concelleira de Benestar Social, María Teresa Arufe, directora do CIM de Ames, e Mónica Antelo, psicóloga do mesmo centro. A continuación,   procedeuse a colgar as bandeiras LGTBQI e TRANS do balcón da Casa do Concello e ao reparto de material da campaña ‘Liberdade de ser e sentir!’, impulsada pola Deputación da Coruña. 

O acto estivo destinado a mostrar o apoio da sociedade amesá a prol dos dereitos dos colectivos LGTBQI e TRANS, visibilizar as súas reivindicacións e reclamar unha convivencia baseada na tolerancia e a igualdade, todo elo nun ambiente festivo e aberto a todas as persoas que quixesen participar. A partir das 12.00h, Luísa Feijoo, concelleira de Benestar Social, María Teresa Arufe, directora do CIM de Ames, e Mónica Antelo, psicóloga do mesmo centro, leron un manifesto municipal no que afirmaron o compromiso da corporación co “desenvolvemento e implementación de políticas e servizos que velen por unha garantía da igualdade real entre as persoas, con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero, como elemento esencial para a convivencia, o progreso e o desenvolvemento social”.

Durante esta primeira intervención tamén se puxo o foco en aspectos como a necesidade dunha atención sanitaria digna, a aprobación da Lei de Igualdade LGTBI e a concienciación no uso dunha visión respectuosa e inclusiva que remate cos estereotipos e cale especialmente nas novas xeracións. A continuación, Eric Gómez fixo un repaso pola situación lexislativa e social que afecta as persoas TRANS, tanto a nivel nacional como autonómico, tralo que enumerou algunhas das reivindicacións deste colectivo en favor da igualdade real, tanto a nivel persoal como laboral ou sanitario.

O acto rematou coa colocación das bandeiras LGTBQI e TRANS no balcón da Casa do Concello, se ben os veciños e veciñas que así o quixeron puideron seguir gozando da música que acompañou o acto. Ao longo da mañá do venres tamén se procedeu ao reparto de chapas, bolsas e camisetas entre os e as asistentes, ao abeiro da campaña ‘Liberdade de ser e sentir!’, impulsada pola Deputación da Coruña.

Comentarios