Ferido de gravidade un motociclista que chocou contra un coche na Pobra do Caramiñal

Ferido de gravidade un motociclista que chocou contra un coche na Pobra do Caramiñal
Ferido de gravidade un motociclista que chocou contra un coche na Pobra do Caramiñal

O accidente produciuse dez minutos antes das 12:00 horas deste mediodía

Un choque entre unha moto e un coche deixou unha persoa ferida grave no concello coruñés da Pobra do Caramiñal.

O accidente produciuse dez minutos antes das 12:00 horas deste mediodía. Foi, a esa hora, cando varios particulares informaron ao 112 Galicia dun accidente grave entre un coche e unha moto na Rúa de Gasset, diante da Casa da Cultura da localidade.

Tamén persoal sanitario, debido á gravidade da situación, comunicou ao 112 a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que tomou terra no Porto. Desde alí, o equipo médico trasladouse ata o lugar onde se atopaba o ferido e, unha vez no punto, o motorista foi evacuado en ambulancia ata o lugar onde aterrara a aeronave.

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia trasladáronse ata o lugar do sinistro, os axentes da Policía local, os Bombeiros de Ribeira e os efectivos de Protección Civil.

Finalmente, o ferido foi evacuado na aeronave ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Comentarios
Lo más