Accidente dunha autocaravana na AP-9, á altura de Ordes

Accidente dunha autocaravana na AP-9, á altura de Ordes
Accidente dunha autocaravana na AP-9, á altura de Ordes

Ningún dos ocupantes resultou ferido

Sobre as 12:15 horas, o 112 Galicia era informado dunha saída de vía dunha autocaravana que circulaba pola AP-9, ao redor do punto quilométrico 43, dirección Sur, á altura da localidade de Ordes.

Afortunadamente, ningún dos ocupantes resultou ferido.

Tras recibir a alerta dun particular, o 112 Galicia informou á Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Bombeiros de Ordes e a Protección Civil. De igual xeito, informouse aos servizos sanitarios de urxencia e ao persoal do servizo da Autoestrada.

Comentarios