O alumnado das clases de pintura expoñen as súas obras
06:30 02/07/19
06:30 02/07/19
O público poderá desfrutar delas ata o vindeiro 9 de xullo
O Museo do Traxe acollerá dende hoxe martes, 2 de xullo, a mostra dos alumnos e alumnas das clases de pintura organizadas polo Concello de Ordes. En total se exporán arredor de 100 obras realizadas por veciñas e veciños de todas as idades.
O público poderá desfrutar delas ata o vindeiro 9 de xullo. A inauguración terá lugar a partir das 20.30 horas para todas as persoas que desexen asistir.