Romeo e Xulieta conquista ao público de Ordes

Romeo e Xulieta conquista ao público de Ordes
Romeo e Xulieta conquista ao público de Ordes

Pablo Meixe, director do grupo, readaptou o texto clásico de William Shakespeare para reivindicar aspectos tan contemporáneos como as relacións entre persoas do mesmo xénero ou os privilexios de clase

A Casa da Cultura de Ordes colgou o domingo o cartel de ‘completo’. A obra Romeo e Xulieta, interpretada polos alumnos e alumnas das clases de teatro financiadas polo Concello, foi un rotundo éxito non só polo numeroso público que congregou, senón tamén pola calidade tanto na interpretación como na dirección.

Laura Grela, Miguel Seoane, Pablo Suárez, Fátima Rodríguez, Ana Rodríguez, Sara Rebeca Otero, Uxía Iglesias, Xurxo Romero, Aira Portos, Alba Veiga e Lucas Morán foron os protagonistas. Pablo Meixe, director do grupo, readaptou o texto clásico de William Shakespeare para reivindicar aspectos tan contemporáneos como as relacións entre persoas do mesmo xénero ou os privilexios de clase. Estrea do máis oportuna tendo en conta que coincide coa celebración do Día do Orgullo Gay en numerosos puntos do planeta.

Tanto o Concello de Ordes, como o punto limpo e o Museo do Traxe Juanjo Liñares colaboraron con esta posta en escea.

Comentarios