Éxito de participación na Festa do Neno do concello de Touro

Éxito de participación na Festa do Neno do concello de Touro
Éxito de participación na Festa do Neno do concello de Touro

Para o próximo sábado día 6 de xullo está programada a V Xornada de Pesca Infantil

Centos de nenos e nenas de todas a idades desfrutaron o domingo en Touro da xa tradicional Festa do Neno. As nubes e algún orballo non evitaron que os máis pequenos e os seus país aproveitaran ao máximo a xornada de lecer. 

O Concello de Touro acolleu onte domingo, día 30 de xuño, a Festa do Neno. A xornada festiva comenzou ás 16.30 horas nos arredores da prazo do Luar, na zona de servizos onte tamén está ubicada a Casa da Cultura e as piscinas. 

Durante toda a tarde os nenos e nenas que ata alí se achegaron poideron xogar nos inchables. E tamén disfrutar do espectáculo do Mago Antón, que achegou a súa función no interior dun gran camión onde está instalado o esceario e as bancadas.

Tamén circulou un tren turístico. Os máis pequenos subíronse ao tren que cada pouco saía da praza de Luar e facía o percorrido de media hora polas zonas próximas a Fonte Díaz. A presencia de nenos, nenas e país prolongouse durante toda a tarde. O día nublado e fresco con algunha gota de chuvia que caeu, impediu que se poidera utilizar a piscina e os inchables alí instalados. Foi unha mágoa.

Dende un punto de vista festivo o Día do Neno inicia as celebracións que teñen a súa continuidade no verán, coa festa dos maiores, que tradicionalmente se celebra no mes de agosto. Nas próximas semanas poñeranse tamén en marcha as actividades estivais para os nenos e nenas de Touro. 

Para o próximo sábado día 6 de xullo está programada a V Xornada de Pesca Infantil. Poderán participar nenos e nenas de seis a doce anos. Será na Área Recreativa da Santaia dende ás 11.00 horas.

Comentarios
Lo más