A atleta Tina Fernández ou Lolo Penas participarán na media maratón O Gran Camiño

A atleta Tina Fernández ou Lolo Penas participarán na media maratón O Gran Camiño
A atleta Tina Fernández ou Lolo Penas participarán na media maratón O Gran Camiño

A proba celébrase o vindeiro sábado día 6 con saída en Arzúa ás 19.00 horas e chegada en Arca

Os organizadores da media maratón O Gran Camiño pretendían superar os 200 participantes na terceira edición da carreira e están a un chanzo de conseguilo. Actualmente, a cifra supera os 190 apuntados e aínda restan días, ata o 5 de xullo ás 14.00 horas, para que se pechen definitivamente as inscricións.

Entre os atletas inscritos atópanse algúns coñecidos como Lolo Penas Blanco, terceiro clasificado na xeral de 2018, ou Tina Fernández, que obtivo a prata o ano pasado na categoría feminina. Xunto a eles, calzarán as zapatillas novos atletas para gozar dunha ruta que percorre unha das etapas do Camiño Francés e coma Lolo e Tina tamén repetirán moitos outros dos encantos deste treito.

O terceiro medio maratón O Gran Camiño, que se realiza entre os concellos de Arzúa e O Pino celébrase, nesta ocasión, en xornada de tarde, con saída o sábado 6 de xullo ás 19.00 horas dende a Cima do Lugar en Arzúa e coa meta sita na praza de Forcarei (Pedrouzo) en O Pino. O ano pasado o evento deportivo contou con 185 participantes que se lanzaron ao camiño para percorrer os 21.097,50 metros de carreira, unha cifra que xa se superou na terceira edición do Gran Camiño.

Os concellos de O Pino e Arzúa, organizadores do evento xunto Federación Galega de Atletismo ultiman os detalles da proba que conta con todos os detalles dunha gran competición. Servizo de transportes, duchas, catro puntos de avituallamento durante o percorrido... son algunhas das comodidades coas que contarán os corredores para superar unha carreira de dificultade media, pois transcorre maioritariamente por zonas de terra dura e a segunda metade da proba é menos esixente, xa que a saída está a maior altitude que a meta.

Comentarios