A Biblioteca Infantil de Afundación organiza obradoiros creativos durante o mes de xullo

A Biblioteca Infantil de Afundación organiza obradoiros creativos durante o mes de xullo
A Biblioteca Infantil de Afundación organiza obradoiros creativos durante o mes de xullo

Están dirixidos a nenas e nenos de 4 a 10 años e son de entrada libre e gratuíta ata completar capacidade

A Biblioteca Infantil de Afundación en Santiago de Compostela (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16) promove durante este mes de xullo obradoiros creativos dirixidos a nenas e nenos de 4 a 10 anos. As actividades comezarán hoxe martes, 2 de xullo, e continuarán o mércores e o xoves 3 e 4 de xullo e a semana seguinte o martes, mércores e xoves, 9, 10 e 11 de xullo. 

O acceso é libre e gratuíto ata completar capacidade, e serán polas mañás, en horario de 12.00 a 13.30 h.  Os obradoiros teñen como obxectivo desenvolver as habilidades creativas e artísticas dos participantes, a través de distintos recursos, creando, innovando e divertíndose. 

A Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela é a biblioteca especializada en literatura infantil e xuvenil máis antiga de toda España fundada en febreiro de 1974. Entre os seus fondos conta con toda a produción deste campo publicada en lingua galega ata o momento. Dirixida especialmente a nenos e nenas maiores de 4 anos e menores de 18, conta tamén con usuarios doutro perfil como pais e nais, profesorado ou estudantes de maxisterio. 

Para todos estes perfís de usuarios, ofrécense servizos de información bibliográfica, guías de lectura e préstamo de libros e audiovisuais. O fondo actual é de case 20 500 libros e 700 DVD e durante todo o ano oferta un amplo abanico de actividades de animación á lectura dirixidas aos máis pequenos.

Comentarios
Lo más