I Torneo de Básket 3x3 Concello de Orde

I Torneo de Básket 3x3 Concello de Orde
I Torneo de Básket 3x3 Concello de Orde

Terá lugar os días 8, 9 e 10 de agosto no Campo da Feira. Haberá para deportistas de 13 a 17 anos e outra para maiores de idade. Inscricións ata o 17 de xullo

O Concello de Ordes vén de abrir, ata o 17 de xullo,  o prazo de inscrición para participar no I Torneo de Básket 3x3, o cal terá lugar os videiros 8, 9 e 10 de agosto na pista multideporte situada no Campo da Feira.

Aquelas persoas que desexen apuntarse deberán facelo no Departamento de Deportes do Concello. Será imprescindible entregar a ficha de inscrición con todos os datos solicitados,  que se poderá obter a través das redes sociais https://www.facebook.com/concellodeordes e da páxina web do Concello (www.ordes.gal).  

Haberá dúas categorías, a primeira para xogadores e xogadores de 13 a 17 anos, e outra a partir dos 18 anos. Os equipos deberán estar compostos por cinco membros e será imprescindible que en todo momento se atopen en pista dous empadroados no municipio, ou ben que o estivesen nalgún momento. As bases deste torneo poderán consultarse en breve na páxina web do Concello.

Comentarios