Acusacións e palabras fortes entre Miñones e Argibay no pleno de organización do concello de Ames

Acusacións e palabras fortes entre Miñones e Argibay no pleno de organización do concello de Ames
Acusacións e palabras fortes entre Miñones e Argibay no pleno de organización do concello de Ames

Os dos políticos discutiron sobre o persoal de confianza, a suba de salarios e das dedicacións por parte do Goberno

Na tarde de onte celebrouse o pleno de organización do Concello de Ames no que se sentaron as bases das dedicacións e contratacións do persoal de confianza para os vindeiros catro anos. Un asunto que para o Partido Popular é de "hipocresía e falta de verdade" por parte do Goberno de Miñones.

Por un lado aprobouse a fixación dos plenos municipais que quedan para os últimos xoves de cada mes ás 20:30 horas, tal como se viña facendo nos últimos anos. A Xunta de Goberno Local, de periocidade semanal, serán os xoves ás 13:00 horas. A reunións das comisións permanentes serán os venres anteriores ao pleno ordinario.

Un dos puntos que máis debate suscitou foi a dotación aos grupos municipais no que se pon unha parte fixa de 100 euros por grupo e outros 100 euros por concelleiro. Ademáis, cada un deles terá un local municipal co seu traballador correspondente. Quique Costas, de Ames Novo, amosou o seu desacordo xa que ao pertencer ao Grupo Mixto, xunto con Cidadáns, terán unha espazo moi pequeno e ademáis terán un administrativo que estará a media xornada e que segundo a súas palabras "non poderá exercer ben o seu traballo".

No tocante a contratación de persoal de confianza, o gabinete de alcaldía contratará a dúas persoas como administrativas e o goberno outras dúas máis que funcionarán como auxiliares administrativos. Terán un soldo anual de máis de 27.000 euros e 20.000 euros respectivamente. Argibay foi o que mais criticou esta proposta declarando que o alcalde había convertido ao Concello nunha "axencia de colocación".

Por último, o punto das dedicacións e soldos dos concelleiros foi no que se produxo un intenso debate entre Miñones e Argibay, acusando este último ao alcalde de "saquear" as contas públicas do concello coas dedicacións e a subida de soldo que se fixo tanto el como os concelleiros voceiros do PSdeG-PSOE, BNG e Contigo Podemos. Miñones defendeu a súa postura atacando ao portavoz dos populares tildando de "demagoxia" as súas palabras cando eles mesmos rexeitaron una dedicación na oposición. Entre os dous políticos houbo duros reproches que finalmente terminaron cunha votación a favor da proposta grazas ao sí da maioría absoluta do Goberno.

Comentarios
Lo más