Finaliza o campamento de verán infantil de Boqueixón no que participaron 80 nenas

Finaliza o campamento de verán infantil de Boqueixón no que participaron 80 nenas
Finaliza o campamento de verán infantil de Boqueixón no que participaron 80 nenas

O alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, realizou a pasada fin de semana unha visita á rapazada participante neste campamento, que se desenvolveu nas instalacións do Camping Cachadelos, en Sanxenxo

Un total de 80 nenas e nenos dos municipios de Boqueixón e Vedra regresaron onte logo dunha intensa semana no campamento de verán infantil organizado por ambos os dous concellos. O alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, realizou a pasada fin de semana unha visita á rapazada participante neste campamento, que se desenvolveu nas instalacións do Camping Cachadelos, en Sanxenxo. 

Do 24 de xuño ao 1 de xullo, as crianzas asistentes tiveron a oportunidade de gozar de distinto tipo de propostas de lecer. Entre elas atopáronse actividades acuáticas como body board, padel surf, kayak ou snorkel.

Este campamento infantil inclúese nas propostas da Acción de Verán, organizada polos Concellos de Boqueixón e Vedra. A seguinte iniciativa desenvolverase entre os vindeiros 5 e 12 de xullo, co campamento xuvenil, que tamén se desenvolverán nas instalacións do Camping Cachadelos.

Comentarios