Excarceran a unha persoa que quedou atrapada no seu vehículo en Borborás

Excarceran a unha persoa que quedou atrapada no seu vehículo en Borborás
Foto de arquivo
Excarceran a unha persoa que quedou atrapada no seu vehículo en Borborás

O accidente produciuse sobre as 8:15 horas 

Os Bombeiros do Carballiño excarceraron esta mañá a unha persoa atrapada no interior dun vehículo despois de envorcar cando circulaba pola estrada de Cameixa, á altura da Granxa, no concello de Boborás.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente, ao redor das 08:15 horas desta mañá. Foi a esa hora, cando unha persoa particular chamou ao 112 para pedir axuda.

A partir dese momento e tras advertir, o alertante, da posibilidade de persoas atrapadas no interior do turismo, de inmediato, os xestores do CIAE puxeron en alerta ademais de aos servizos sanitarios, aos Bombeiros do Carballiño e aos membros do GES de Avión. De igual xeito, informaron da situación á Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no punto, persoal do 061-Urxencias Sanitarias comunicaba ao 112 Galicia a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense que, tras tomar terra no lugar dos feitos, trasladou ao ferido ata o centro hospitalario de referencia

Comentarios
Lo más