Envorca un camión de alta tonelaxe na parroquia de Pousada, en Ames

Envorca un camión de alta tonelaxe na parroquia de Pousada, en Ames
Envorca un camión de alta tonelaxe na parroquia de Pousada, en Ames

O accidente produciuse sobre as 11:30 horas da mañá na CP-02030

Un condutor dun camión de alta tonelaxe resultou ferido esta mañá despois de envorcar o vehículo no que viaxaba pola CP-02030, na parroquia amesá de Pousada.

Os feitos ocorreron sobre as 11:30 horas cando o home estaba conducindo e despois de pasar unha curva da CP-02030 e polo peso do vehículo, envorcou sobre o arcén da estrada.

Ata o lugar dos feitos trasladouse a Policía Local de Ames, a Garda Civil de Tráfico e os servicios sanitarios de emerxencias que atenderon ao condutor. As súas feridas foron de carácter leve e non se teme pola súa vida.

Comentarios