Un incendio calcina varios vehículos nun garaxe particular de Ribeira

Un incendio calcina varios vehículos nun garaxe particular de Ribeira
Un incendio calcina varios vehículos nun garaxe particular de Ribeira

A Policía Local alertaba ao 112 Galicia, sobra as 12:00 horas deste mediodía, dun incendio nun garaxe dun edificio

Un incendio declarado nun garaxe dunha casa unifamiliar situada da Rúa de Castelao, en Ribeira, calcinou esta mañá varios vehículos e outros apeiros almacenados no seu interior.

A Policía Local alertaba ao 112 Galicia, sobra as 12:00 horas deste mediodía, dun incendio nun garaxe dun edificio. Foi a esa mesma hora, cando varios particulares tamén poñían en alerta ao 112. Os axentes aseguraban que non habían persoas afectadas.

Nada máis recibir o aviso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Ribeira e de Boiro. Do mesmo xeito informouse ao persoal do Servizo Municipal de Emerxencias e aos membros de Protección Civil da localidade, que se dirixiron ao lugar nada máis ser alertados.

A esta hora, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que o lume está sufocado, ainda que continúan no lugar coas tarefas de ventilación e arrefriando a zona.

Segundo informaron, a estrutura da vivenda tamén se viu afectada, debido ás altas temperaturas acadadas.

Comentarios