Alumnos da EMMO celebraron o concerto de fin de curso

Alumnos da EMMO celebraron o concerto de fin de curso
Alumnos da EMMO celebraron o concerto de fin de curso

Máis de 300 persoas acudiron ao concerto, celebrado no campo de fútbol Lino Balado de Oroso

Os combos da Escola de Música Municipal de Oroso celebraron o concerto de fin de curso, unha actividade que forma parte de 'Mergúllate na Cultura'.

Máis de 300 persoas acudiron ao concerto, celebrado no campo de fútbol Lino Balado de Oroso, ao que tamén asistiron o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e varios concelleiros e concelleiras.

Mirás agradeceu "o traballo dos profesores e dos alumnos, que cada ano obteñen un nivel moi alto na escola", engadindo que o grupo de goberno "manterá o apoio á música e á cultura, dúas prioridades para nós".

Comentarios
Lo más