Inaugurada a mostra dos cursos de pintura

Inaugurada a mostra dos cursos de pintura
Inaugurada a mostra dos cursos de pintura

Unha cita na que se congregou numeroso público que abarrotou o auditorio do Museo do Traxe Juanjo Liñares

O Museo do Traxe acolleu o día 2 de xullo a inauguración da mostra de pintura levada a cabo polos alumnos e alumnas dos cursos de pintura organizados polo Concello de Ordes. 

Unha cita na que se congregou numeroso público que abarrotou o auditorio do Museo do Traxe Juanjo Liñares, espazo onde se poderá visitar a mostra completamente de balde ata o vindeiro martes. 

Entre os que xa puideron contemplar o centenar de cuadros que a compoñen estiveron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, así como moitos e moitas dos concelleiros e concelleiras do Goberno Local.

Comentarios