As deportistas Sara Gacio e Sara Soneira disputarán este fin de semana o Campionato de España de Taekwondo

Tanto Sara Gacio coma Sara Soneira son as actuais número 1 do ranking galego das súas categorías

Dúas deportistas de Oroso, Sara Gacio Cendal e Sara Soneira Balado, disputarán este fin de semana en Valladolid o Campionato de España 2019 de Taekwondo, convocadas pola selección galega de taekwondo.

Tanto Sara Gacio coma Sara Soneira son as actuais número 1 do ranking galego das súas categorías. Participarán en Valladolid co obxectivo de gañar os seus respectivos pesos e así clasificarse para o Campionato de Europa, ademais de ser convocadas pola Federación Española de Taekwondo.

“Estamos moi orgullosos dos éxitos que consiguen os nosos deportistas e da aposta do concello polo deporte, fomentar os hábitos de vida saudables debe ser unha prioridade para calquer goberno local”, asegura o concelleiro de Deportes, Antonio Leira.

Comentarios
Lo más