Curso de tramitación en liña en Ordes

Curso de tramitación en liña en Ordes
Curso de tramitación en liña en Ordes

Organizado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Ordes, terá lugar o vindeiro 24 de xullo na Casa da Cultura. Inscricións ata o 22 de xullo

Aquelas persoas residentes en Ordes interesadas en participar no curso sobre tramitación en liña, que terá lugar na Casa da Cultura o próximo 24 de xullo, xa poden formalizar a súa inscrición. Deberán facelo no primeiro andar do Concello, nos departamentos de Educación e Cultura, ou ben chamando ao 981680002 ata o 22 de xullo como data límite.

O dito curso vai dirixido ao público xeral. Persoal da Deputación da Coruña impartirá contidos básicos englobados no nivel de iniciación. En total ofértanse 30 prazas, as cales serán asignadas por rigorosa orde de inscrición. 

Comentarios