Ferido un home tras caer dun cabalo
Segundo a información recibida no CIAE, o ferido foi trasladado en ambulancia ata o Hospital de Montecelo
Sobre as 10:15 horas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, recibía a chamada dun particular que pedía axuda para asistir a unha persoa que caera dun cabalo, no lugar dos Castros, en Quireza, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.
Tras pasar o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil e aos membros do GES da Estrada e de Protección Civil da localidade, os profesionais sanitarios, axiña comunicaron ao 112 Galicia a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos.
Finalmente, segundo a información recibida no CIAE, o ferido foi trasladado en ambulancia ata o Hospital de Montecelo.