219 corredores participarán hoxe sábado dende no III O Gran Camiño

219 corredores participarán hoxe sábado dende no III O Gran Camiño
219 corredores participarán hoxe sábado dende no III O Gran Camiño

A proba comeza dende a Cima do Lugar en Arzúa e remata na praza de Forcarei (Pedrouzo) en O Pino

Faltan escasas horas para que soe o pistoletazo de saída á terceira edición da media maratón O Gran Camiño que transcorre entre os concellos de Arzúa e O Pino. Coas inscricións xa pechadas, serán 219 valentes os que calcen as zapatillas e superen os 21.097,50 metros de carreira, unha cifra de participantes que cumpre os obxectivos dos organizadores: superar os 200 corredores.

Este terceiro O Gran Camiño trátase ademais dunha edición especial, pois será a primeira que se celebre en xornada de tarde, con saída mañá sábado ás 19.00 horas dende a Cima do Lugar en Arzúa e coa meta sita na praza de Forcarei (Pedrouzo) en O Pino. Ademais, Lolo Penas Blanco, terceiro clasificado na xeral de 2018, e Tina Fernández, que obtivo a prata o ano pasado na categoría feminina, serán dous dos grandes favoritos a obter a victoria este ano. 

Os concellos de O Pino e Arzúa, organizadores do evento xunto Federación Galega de Atletismo, cualifican a dificultade da maratón como media, pois realízase sobre superficie de terra dura e a segunda parte da mesma é descendente. O percorrido é o mesmo que nas edicións anteriores, polo tanto volta a desenvolverse pola penúltima etapa do Camiño francés.

No evento tamén se contará cun servizo de transportes, mediante autobuses que sairán ás 17.15 horas dende a praza de Forcarei en O Pino cunha frecuencia de 15 minutos ata as 18.30 horas que se realizará o último traslado. Desta forma os participantes disporán dun medio de transporte ata a zona de saída da competición.

Comentarios