O Torneo Interparroquial de fútbol-7 de Rois xa coñece as súas datas de celebración

O Torneo Interparroquial de fútbol-7 de Rois xa coñece as súas datas de celebración
O Torneo Interparroquial de fútbol-7 de Rois xa coñece as súas datas de celebración

Seis parroquias de Rois dispútanse un título que levou a de San Pedro na pasada edición

Xa temos data e hora para o XV Torneo Interparroquial de fútbol-7 do concello de Rois. Esta nova edición do campionato por barrios xogarase en dúas quendas. Unha primeira durante a tarde do domingo 14, onde terán lugar os partidos de grupos, e unha segunda o domingo 21 para disputar a fase final e proclamar a parroquia gañadora deste ano. 

San Pedro vai tratar de revalidar o título da pasada edición que gañaran frente a Buxán por 1-0. Sen embargo, para logralo, ademais de voltar a vencer aos de Buxán, deberán sobreporse ás parroquias de Herbogo, Santa María de Oín, San Xoán e Ribasar. 

O campionato organizado polo concello de Rois, conta coa colaboración do CD Rois e disputarase no campo de fútbol da Braña (Seira). Os seis equipos participantes divídense en dous grupos, de onde saen os semifinalistas. O calendario é o seguinte:

Domingo 14 de xullo: Fase de grupos

- 18.30 Herbogo-Buxán / Ribasar-San Xoán

- 19.20 Santa María de Oín-Buxán / San Pedro-Ribasar

- 20.10 Herbogo-Santa María de Oín / San Pedro-San Xoán

Domingo 14 de xullo: Fase final

- 18.00 5º e 6º posto

- 18:50 Semifinais

- 19.40 3º e 4º posto

- 20.30 Final

- 21.30 Entrega de trofeos

Comentarios