Padrón viaxa ata o medievo dende hoxe e ata o domingo

Padrón viaxa ata o medievo dende hoxe e ata o domingo
Padrón viaxa ata o medievo dende hoxe e ata o domingo

A programación arrancou hoxe venres día 5 ás 19.00 horas coa apertura do tradicional mercado

Damas e cabaleiros: Chega a Feira Medieval! Se as rúas e as prazas empedradas de Padrón son sempre unha boa opción, durante a Feira Medieval aínda máis. A cita, que este ano terá lugar os días 5, 6 e 7 de xullo, converteuse tras 13 edicións nun dos eventos máis esperados. 

As rúas e comercios engalanados, o mercado medieval e os seus múltiples postos, as exhibicións de cetrería, a música celta e os espectáculos de acróbatas, bufóns e faquires son só unha parte do atractivo da feira.

A programación arrancou hoxe venres día 5 ás 19.00 horas coa apertura do tradicional mercado. Nesta edición, a organización planificou actividades orientadas tanto ao público adulto como ao infantil, entre as que figuran mostras de artesanía, obradoiros de oficios antigos (vidraría, cantería e cetrería), contacontos, espectáculos de acrobacias e lume, música itinerante e loitas de cabaleiros e combates medievais.

Sobre as 19:10 horas comezou a actuación de Turdion que encheu de acordes musicais as rúas de Padrón. Na rúa Real, ás 19:30, horas, o vidriero real ensinará aos asistentes a composición e montaxe das vidreiras emplomadas, tan famosas nesa época. 15 minutos máis e tarde e na mesma rúa tocará o turno ao obradoiro infantil de pan.

Máis tarde, ás 20:00 horas, toca a visita teatralizada da Traslatio no que o punto de encontro é o Espolón, unha actividade gratuita para todolos presentes que se acheguen ata alí. Para os curiosos da cantaría, ás 21:30 horas haberá unha exhibición na praza de Macías.

Para os máis musiqueiros, sobre as 22:00 horas as rúas da vila encharánse de música grazas a ruada do grupo Percu-sons. Se eres máis do espectáculo puro, non podes perderte sobre as 22:30 horas a actuación de Keppler coa función "Fuego".

Comentarios