Reclaman unha OPE de enfermería que se adapte ás necesidades do servizo

Reclaman unha OPE de enfermería que se adapte ás necesidades do servizo
Reclaman unha OPE de enfermería que se adapte ás necesidades do servizo

Eva Solla: "A Xunta debe facer unha oferta pública de enfermería adaptada ás necesidades do servizo e non ofreceru un contrato que resta dereitos"

Logo de que a Xunta anunciase contratos para enfermeiría denominados "de persoal eventual de continuidade" a parlamentaria Eva Solla vén de presentar iniciativas no Parlamento de Galicia para que o Goberno galego publique unnha oferta pública coa globalidade de prazas de enfermeiría que se precisan para dar un servizo de calidade. 

"En lugar de mellorar as condicións e ser realistas coas necesidades do SERGAS, a Xunta pretende seguir cubrindo con contratos precarios e nalgúns casos en fraude de lei os postos de enfermeiría dos hospitais e da Atención Primaria", denuncia Solla, para quen este contrato que anuncia a Xunta "é moitísimo peor e xa foi impusto e rexeitado polos profesionais médicos, pois resta varios dereitos fundamentais do colectivo". 

Entre os recortes en materia de dereitos laborais destacan o incremento de 37,5 a 48 horas o cómputo semanal, contempla xornadas obrigatorias de ata 31 horas ininterrumpidas e no contrato de Atención Primaria eleva o complemento de nocturnidade e festividade. 

Ademais, as carteleiras de traballo semanal iranse confeccionando en función das necesidades do servizo e o disfrute de permisos e vacacións será coordinando pola xerencia de xestión integrada. Para Eva Solla isto é totalmente incompatible con calquera posibilidade de conciliación da vida laboral e familiar das profesionais da saúde. 

Comentarios