Trinta nenos e nenas de Touro protagonistas da V Xornada de Pesca Infantil

Trinta nenos e nenas de Touro protagonistas da V Xornada de Pesca Infantil
Trinta nenos e nenas de Touro protagonistas da V Xornada de Pesca Infantil

Técnicos da Xunta soltaron no río Lañas arredor de 300 troitas autóctonas procedentes do centro ictiolóxico de Sobrado dos Monxes

Uns trinta nenos e nenas de Touro, de idades comprendidas entre os cinco e os doce anos, participaron onte sábado na V Xornada de Pesca Infantil, organizada polo Concello de Touro.

A actividade, que se desenvolveu nunha mañán asollada ideal para a pesca no río, comenzou ás 11.00 horas na Área Recreativa da Santaia. Alí concentráronse perto de trinta nenos e nenas, e tamén algúns maiores, co obxectivo de coñecer o mundo da pesca de río e de pasar unha mañán en contacto coa natureza.

Técnicos da Xunta soltaron no río Lañas arredor de 300 troitas autóctonas procedentes do centro ictiolóxico de Sobrado dos Monxes, que xestiona a Administración galega. Os troitas resistíronse e tardaron en aparecer. 

O mellor foi a posibilidade de que nenos e maiores poideran participar nunha xornada ao aire libre pescando no río á sombra das árbares. Foi unha mañán didáctica sobre natureza para o disfrute tamén dos maiores que ata alí se achegaron.

Comentarios
Lo más