Liberan a dous condutores despois de colidir entre eles na rúa do Tambre

Liberan a dous condutores despois de colidir entre eles na rúa do Tambre
Liberan a dous condutores despois de colidir entre eles na rúa do Tambre

Ocorreu ao fío das once da noite de onte, cando o 112 Galicia recibiu unha chamada de alerta por mor dunha colisión frontal entre dous turismos

Un accidente rexistrado en Santiago obrigou a intervir aos bombeiros para liberar aos dous ocupantes dun turismo que envorcou despois de bater contra outro na Rúa do Tambre.

Ocorreu ao fío das once da noite de onte, cando o 112 Galicia recibiu unha chamada de alerta por mor dunha colisión frontal entre dous turismos, un deles envorcado lateralmente con dúas persoas atrapadas no interior. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos bombeiros da capital para poder acceder ao interior do coche e sacar aos dous ocupantes que necesitaban asistencia médica.

No lugar do accidente atopábase un equipo do 061-Urxencias Sanitarias que se encargou do traslado dos dous feridos ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), unha vez que foron liberados polos efectivos do parque municipal da cidade.

Do mesmo modo, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos axentes da Policía Local co fin de coñecer as circunstancias do accidente e prestar axuda ao operativo de atención e rescate dos feridos.

Comentarios
Lo más